A muller na primeira metade do XX, Cultura en Santiago de Compostela

facebook  twitter  flickr  google plus  youtube 

Santiago de Compostela Hoy mín. 15 | max 15

A muller na primeira metade do XX


A muller na primeira metade do XX

“Non só a sociedade se asenta na diferenza de sexos, tamén a Historia e as súas grandes transformacións levan ensambladas prototipos de masculinidade ou feminidade”. Desta premisa parte a tese de doutoramento que Mercedes Expósito García acaba de defender na USC ­–coa máxima cualificación unánime– baixo o título ‘Las mujeres de la nueva civilización (1900-1950)’ e a dirección de María Xosé Agra.

 

A Primeira Guerra Mundial e a Segunda constitúen dous episodios fundamentais para comprender as novas formas de entender a masculinidade e a feminidade. Na primeira, explica a autora, xérase unha figuración de muller independente –a garçonne– mentres que na segunda aparece outra que garda relación cunha época anterior, a vitoriana, e que conleva un retorno da submisión e a dependencia respecto ao home: a pin-up. “O primeiro caso supón un claro precedente para a actual crise de identidades de xénero e o segundo unha vontade de restablecer a orden dun eterno feminino e un eterno masculino ben delimitados”, sentencia Expósito.

 

Por tanto, conclúe, “lonxe das teses que defenden a idea dun progreso histórico sempre en marcha cara adiante”, a Historia das mulleres e as súas loitas pola cidadanía e o recoñecemento da súa humanidade “componse tamén de correntes contrarias que levan ao estancamento, e incluso a involución e o retroceso”.

 

A tese

O traballo estrutúrase en tres partes perfectamente delimitadas. A primeira trata, por un lado, o tipo de historicidade que orienta a filosofía feminista e os estudos sobre historia das mulleres. Por outro, certos movementos, tamén de mulleres, que entre os séculos XVI e XVIII se preocuparon por cuestións culturais relacionadas co saber e a escritura. Finalmente, profunda naquelas pioneiras que reivindican, cada unha á súa maneira, dereitos políticos: as galegas Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal, a sueca Ellen Key, as inglesas Emmeline Pankhurst e Virginia Woolf e a francesa Madeleine Pelletier, entre outras.

 

A segunda parte arranca dun vello imaxinario relixioso e filosófico de Occidente que ve na subversión do principio feminino unha encarnación do mal para o conxunto social. Así, analízase a figuración de Eva e outras que lle seguiron (mulleres varonís, amazonas, lesbianas e hermafroditas, as fatais do cinema, etc...) pero sobre todo as ‘mulleres novas’, as sufraxistas e as garçonnes, “que se percibirán como outras tantas ameazas a unha orde necesaria para o sistema dos dous sexos heterosexuais”, matiza a autora.

 

A última parte trata de comparar certas historias políticas e culturais que se desenvolveron durante o século XX entre Estados Unidos e Europa, algunhas delas grazas aos impulsos que recibiu un eixo franco-angloamericano no que se inscribe a maioría da produción teórica feminista. A evolución prodúcese, explica Mercedes Expósito, dende París como modo de vida alternativo e radical propicio ao feminismo, “un contexto no que puido nacer un prototipo acabado de muller independente como é a garçonne parisina” ata un mito que se fará popular coas imaxes que difunde a industria cinematográfica logo da chegada do cinema sonoro, “a muller norteamericana sexy, a pin-up, o exemplo da feminidade mixtificada”.


Publicada el 14 de Octubre de 2013, archivada en Cultura

Parece ser que este artículo no tiene comentarios...
¡Atrévete a dejar el primero!

Si quieres publicar un comentario, antes deberás identificarte con tu usuario.


Comparte esta información


Publicidad


Festival Musica, Outono Rock Festival, Facebook

Publicidad

Hoteles en santiago  diseño web

Agenda

Cultura
Deportes
Galicia
CompostelaVirtual
Gastronomía
Ocio
Santiago de Compostela
Turismo
Otras noticias