Gústame o galego na USC, Cultura en Santiago de Compostela

facebook  twitter  flickr  google plus  youtube 

Santiago de Compostela Hoy mín. 4 | max 11

Gústame o galego na USC


Gústame o galego na USC

A campaña ‘Gústame o galego’ chega a vindeira a semana á USC. Esta iniciativa que ao longo de catro días se achegará aos universitarios de Santiago e Lugo, é unha campaña xeral de fomento da lingua coa que se visibiliza o apoio individual de persoas ao proceso de normalización lingüística a través de fotografías con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións cotiás.

A presentación de ‘Gústame o galego na USC’ celebrouse na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca este xoves 12 da man do reitor Juan Casares e do director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala. Ademais, asistiron representantes das diversas asociacións estudantís que colaboran no desenvolvemento da campaña así como de diversas Comisións de Normalización Lingüística de centros colaboradoras.

Os/as universitarios/as que desexen sumarse a este campaña terán a oportunidade de facelo a través do photocall que se instalará en diversos puntos dos campus de Santiago e Lugo. En Compostela, as citas serán o luns 16 diante da Facultade de Psicoloxía; o martes 17, diante da Biblioteca Concepción Arenal; o mércores 18 diante de Ciencias Económicas; e finalmente o xoves 19 no Campus de Lugo, diante da Biblioteca Intercentros. O horario será de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

O obxectivo desta iniciativa que promove dende a súa orixe a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua é favorecer que persoas de todo tipo e de todas as idades se impliquen e posicionen a prol do fomento do galego en xeral e na USC en particular, así como provocar a reflexión sobre a necesidade de fomento do galego en distintos ámbitos e situacións e achegar tanto á espazos públicos como á rede e aos medios mensaxes favorables a prol da normalización lingüística en calquera ámbito facéndoas visibles a través de persoas concretas.

Quen se achegue a vindeira semana ao photocall instalado nos Campus, poderá deixar constancia das súas preferencias na utilización do galego de entre un total de 30 lemas xerais e dez máis específicos para apoiar a utilización do galego no espazo universitario. Algúns deste lemas son ‘Gústame...'

1. o galego na USC!

2. que non abandones o galego ao chegares á universidade, aínda que eu non cho dea falado

3. ter ;-) química en galego (e o resto dos graos, tamén!)

4. como soa o galego do alumnado que vén doutros países

5. biblioteca, aula informática, deporte, teatro, residencia... e USC.NOTAS en galego! =:-)

6. as aulas, as asembleas, os seráns de biblioteca e os xoves de troula... na nosa lingua!

7. aprender e ensinar en galego e que as clases sexan maXistrais!

8. que me lembren dando clase en galego

9. os exames e traballos en galego ... e que sexan de matrícula de honra!

10. poder pescudar, facer ciencia e divulgala no noso país e na nosa lingua


Publicada el 16 de Septiembre de 2013, archivada en Cultura

Parece ser que este artículo no tiene comentarios...
¡Atrévete a dejar el primero!

Si quieres publicar un comentario, antes deberás identificarte con tu usuario.


Comparte esta información


Publicidad


Festival Musica, Outono Rock Festival, Facebook

Publicidad

Hoteles en santiago  diseño web

Agenda

Cultura
Deportes
Galicia
CompostelaVirtual
Gastronomía
Ocio
Santiago de Compostela
Turismo
Otras noticias