Novela gañadora do Premio Blanco Amor de Novela, Cultura en Santiago de Compostela

facebook  twitter  flickr  google plus  youtube 

Santiago de Compostela Hoy mín. 4 | max 11

Novela gañadora do Premio Blanco Amor de Novela


 

O profesor de Dereito mercantil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC Ignacio Vidal Portabales presenta este martes 8 a súa novela Dióxenes en Dolorida, gañadora da XXX edición do Premio Blanco Amor de Novela 2012.

A presentación desenvolverase a partir das 20.00 horas no salón de graos da facultade nun acto no que participarán, ademais do propio escritor, Xesús Rábade Paredese e Manuel Bragado.

Dióxenes en Dolorida narra as peripecias dun personaxe singular ––misóxino e excesivo–– que tras un fracaso amoroso chega a unha cidade costeira, Dolorida, fuxindo do recordo de Marta. Na vila, tres homes que pasan por momentos delicados das súas vidas deciden seguilo incondicionalmente, asumindo o seu liderado natural. Todos adoitan frecuentar Praceres, un establecemento orixinal que ten especial interese para as mulleres de Dolorida.

A novela, escrita cun estilo áxil e directo e co humor como elemento destacado, ofrece unha visión desenfadada das relacións de parella. O xurado destaca da obra “a orixinalidade na construción do personaxe protagonista e a recreación dun ambiente que flutúa entre o real e o paródico”.

Ademais de numerosos artigos científicos, Ignacio Vidal Portabales (Santiago de Compostela, 1958) publicou diversas monografías de temática xurídica como O contrato de patrocinio publicitario no Dereito español (1998), O réxime xurídico da liquidación na Sociedade Cooperativa Galega (2004) e Sociedade da Información e Empresa (2010). No eido literario, obtivo, na súa mocidade, algúns premios de poesía en lingua galega e en castelá, sendo Dióxenes en Dolorida a súa primeira novela en lingua galega.


Publicada el 07 de Octubre de 2013, archivada en Cultura

Parece ser que este artículo no tiene comentarios...
¡Atrévete a dejar el primero!

Si quieres publicar un comentario, antes deberás identificarte con tu usuario.


Comparte esta información


Publicidad


Festival Musica, Outono Rock Festival, Facebook

Publicidad

Hoteles en santiago  diseño web

Agenda

Cultura
Deportes
Galicia
CompostelaVirtual
Gastronomía
Ocio
Santiago de Compostela
Turismo
Otras noticias