O galego gusta na USC, Cultura en Santiago de Compostela

facebook  twitter  flickr  google plus  youtube 

Santiago de Compostela Hoy mín. 15 | max 15

O galego gusta na USC


O galego gusta na USC

 

Aproximadamente 800 persoas deixaron a súa pegada no posadoiro de ‘Gústame o galego!’ instalado ao longo de catro días en distintos espazos dos campus de Compostela e Lugo e no que podían escoller de entre un total de 30 lemas xerais e dez máis específicos para apoiar o seu uso no espazo universitario.

Fixéronse máis de 450 fotos e o facebook da campaña eses días tivo unha participación activa de case seis mil persoas (compartindo e comentando fotos ou dándolle a ‘gústame’) e un alcance de máis de 64.000 vistas. Ademais, o número de afiliacións á páxina de "Gústame o galego!" medrou en case mil nesas datas, pasando a case dez mil.

As persoas promotoras da iniciativa subliñan que tan importante como os números foi o “clima especial” que se creou arredor dos photocall, que motivou reflexións, comentarios e charlas verbo da lingua galega e o seu papel na sociedade e na universidade galega.

 

O obxectivo desta iniciativa que promove dende a súa orixe a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua é favorecer que persoas de todo tipo e de todas as idades se impliquen e posicionen a prol do fomento do galego en xeral e na USC en particular. Búscase ademais provocar a reflexión sobre a necesidade de fomento do galego en distintos ámbitos e situacións e achegar tanto a espazos públicos como á rede e aos medios mensaxes favorables a prol da normalización lingüística en calquera ámbito facéndoas visibles a través de persoas concretas.


Publicada el 11 de Octubre de 2013, archivada en Cultura

Parece ser que este artículo no tiene comentarios...
¡Atrévete a dejar el primero!

Si quieres publicar un comentario, antes deberás identificarte con tu usuario.


Comparte esta información


Publicidad


Festival Musica, Outono Rock Festival, Facebook

Publicidad

Hoteles en santiago  diseño web

Agenda

Cultura
Deportes
Galicia
CompostelaVirtual
Gastronomía
Ocio
Santiago de Compostela
Turismo
Otras noticias