ONdehaiMÚSICA estrea as fotografías de Xaime Cortizo, Cultura en Santiago de Compostela

facebook  twitter  flickr  google plus  youtube 

Santiago de Compostela Hoy mín. 12 | max 16

ONdehaiMÚSICA estrea as fotografías de Xaime Cortizo


ONdehaiMÚSICA estrea as fotografías de Xaime Cortizo

O xoves 10 de Outubro, ás 21h00, no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela (CMUS), ONdehaiMÚSICA inaugura a exposición ‘Música íntima’ do fotógrafo Xaime Cortizo.

Na inauguración falarán o propio autor, que explicará o porqué desta exposición, e o director do conservatorio. Rematarase cunha breve actuación musical a cargo da frautista Isabel Rico, ex alumna do centro. Durante a exposición, que permanecerá aberta ata o 10 de Xaneiro, faranse actividades complementarias que permitan achegarse á música dun xeito diferente.

O fío condutor desta exposición é plasmar a proximidade e a intimidade no mundo da Música. A construción dun instrumento a mans dun luthier, o instante da creación cun compositor, un director de orquestra axustando esas composicións, alumnos nas súas clases ou momentos moi íntimos e persoais. A vista e a imaxinación fannos voar a eses intres e a esas vivencias únicas para interiorizalas, cada un á súa maneira, pero sentilas ao fin e ao cabo.

Con esta exposición comezan as actividades de ONdehaiMÚSICA que se desenvolverán durante todo o curso.

Máis información en www.xaimecortizo.com e www.ondehaimusica.galiciasustentable.org

 


Publicada el 08 de Octubre de 2013, archivada en Cultura

Parece ser que este artículo no tiene comentarios...
¡Atrévete a dejar el primero!

Si quieres publicar un comentario, antes deberás identificarte con tu usuario.


Comparte esta información


Publicidad


Festival Musica, Outono Rock Festival, Facebook

Publicidad

Hoteles en santiago  diseño web

Agenda

Cultura
Deportes
Galicia
CompostelaVirtual
Gastronomía
Ocio
Santiago de Compostela
Turismo
Otras noticias