Trinta anos da Lei de normalización lingüística de Galicia, Otras noticias en Santiago de Compostela

facebook  twitter  flickr  google plus  youtube 

Santiago de Compostela Hoy mín. 10 | max 11

Trinta anos da Lei de normalización lingüística de Galicia


Trinta anos da Lei de normalización lingüística de Galicia

 

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística da USC convidan a reflexionar sobre o alcance dos 30 anos da Lei de normalización lingüística e coñecer as posibilidades que abriu en todos os eidos nunhas xornadas a desenvolver os días 25 e 26 de outubro na facultade no Campus Sur.

As V Xornadas ‘Educación e Linguas en Galicia’ –recoñecidas cun crédito ECTS para todos os graos– diríxense ao alumnado e o PDI das titulacións impartidas en Ciencias da Educación, así como da USC en xeral e profesorado do sistema educativo galego non universitario. O prazo de inscrición está aberto ata o 22 de outubro.

Para analizar a implementación da Lei de normalización lingüística, coñecer e valorar a acción institucional, estudar os avances producidos dende a iniciativa individual e colectiva e valorar a necesidade dunha nova lei, os dous días das xornadas reunirán a especialistas do eido universitario ou xudicial e mesmo empresarial e deportivo.

O programa contempla unha charla da maxistrada do Xulgado do Social de Lugo Dalila Dopazo sobre o cumprimento da lei e mesas de experiencias sobre educación. Ademais, estudarase o galego en diversos ámbitos sociais como o deportivo, o empresarial ou o dos medios de comunicación.


Publicada el 17 de Octubre de 2013, archivada en Otras noticias

Parece ser que este artículo no tiene comentarios...
¡Atrévete a dejar el primero!

Si quieres publicar un comentario, antes deberás identificarte con tu usuario.


Comparte esta información


Publicidad


Festival Musica, Outono Rock Festival, Facebook

Publicidad

Hoteles en santiago  diseño web

Agenda

Cultura
Deportes
Galicia
CompostelaVirtual
Gastronomía
Ocio
Santiago de Compostela
Turismo
Otras noticias